Baldaio estrea paneis informativos
07:08 01/02/17
Os paneis recollen información sobre a riqueza ambiental da zona e contan cun código QR
Dende fai uns días a praia carballesa de Baldaio conta na súa entrada cuns paneis informativos nos que se resalta a riqueza ambiental dunh dos espazos naturais máis importantes da comunidade. Este humidal está dentro da Rede Natura e é zona de Especial Protección para as Aves.
Ademais dos textos e das ilustracións sobre a flora e a fauna que conviven neste enclave, cada panel conta cun código QR co que usuario poderá ampliar información a través do seu dispositivo móbil. Os cincos paneis informativos foron financiados cos Fondos FEDER.
Novas relacionadas
- Recollen máis de 300 quilos de refugallos plásticos da praia de Baldaio
- Razo, Baldaio-As Saíñas e Pedra do Sal, as praias con mellor nota medioambiental
- Carballo, senda do mar, a nova marca do Ecoturismo Razo-Baldaio.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo