Mércores. 24.04.2024
El tiempo

A Banca Ética achegouse ao IES Isidro Parga Pondal

Charla Banca Etica Fiare no IES Parga Pondal
A Banca Ética achegouse ao IES Isidro Parga Pondal

Interesantísima a charla que organizou o IES Isidro Parga Pondal. Unha realidade que case nunca se trata nos centros de ensino, e que axuda a ter outra visión, máis crítica, de como funciona o sistema monetario. Gonzalo Gesto, Coordinador GIT Galiza Norte e Asturias de Fiare Banca Etica, explicoulles ao alumnado de Economía de 4º de ESO da man, que significa o concepto Banca Ética e como o Cooperativismo pode colaborar a liberarnos da dictadura dos bancos.

A charla comezou cos principios sobre os que se sustenta a Banca Ética: a transparencia, a participación e democracia, a sobriedade, a eficiencia e, por último a atención ás consecuencias non económicas das accións económicas. Sorprendeunos co Balance Social e a súa forma de actuar na Sociedade. Os casos, todos reais, amosaron o cambio de paradigma que se pode dar nun negocio tan controvertido como é o financieiro. Os alumnos aproveirtaron para preguntarlle polo salario do director xeral do banco ético. A resposta foi contundente, "o salario do que máis cobra na empresa é como máximo seis veces o do salario máis baixo”.

Destacou tamén a presenza en Galicia doutras entidades de finanzas éticas como Coop' 57 Galicia e AIS "O Peto". Destacou como proxecto relevante do Coop´57 Galicia a sala Numax en Santiago de Compostela.

Día do Medio Ambiente

O centro tamén realizou actividades para conmemorar o Día Mundial do Medio Ambiente, da man dos departamentos de Bioloxía e Xeoloxía e de Francés e a Biblioteca Rebolo. Baixo o lema o lema “ Reimaxina, recrea, restaura”, realizaron unha exposición e varios murais, das fotografías do concurso “Ecosistemas da contorna” do alumnado de 4º ESO de Bioloxía e Xeoloxía.

ganadores-concurso
Gañadores do certame

Comentarios