mércores. 05.11.2025
El tiempo

Numerosas incidencias polo temporal en Fisterra, Muxía, Camariñas, Corcubión, Vimianzo, Carballo…

Outro barcos as pedras en Corcubion
Outro barcos as pedras en Corcubión
Numerosas incidencias polo temporal en Fisterra, Muxía, Camariñas, Corcubión, Vimianzo, Carballo…

Pasou un temporal de auga e vento esta noite pola comarca, e deixou un regueiro de incidencias. Para dar conta da potencia desta nova borrasca sen nome, a estación da Gándara, en Vimianzo rexistrou onte ás 23:00h o refacho máis potente de Galicia, de 159km/h.

En Corcubión

Entre as incidencias, pasou de novo. Un barco do porto de Corcubión foi arrastrado polo vento ata as rochas de Santa Isabel… Mentres a Plataforma Portos Si Mortos Non seguen a reclamar unha reunión con Portos e a Consellería para acelerar as estancadas xestión para a urxente construción do porto mixto.

Fisterra

Fisterra foi unha das zonas que máis sufriu. Varias inundacións tanto en rúas (na Anchoa nomeadamente) como en garaxes (como na Rúa da Potiña rexistrada polo 112) e severos cortes de luz durante as primeiras , e de internet, solventados ao longo da mañá.

Muxía

Tamén en Muxía sufriron a caída de varias árbores, en Vilela de Morquintián, Leis, Lago, Agrazón… retirados polos operarios municipais. Sufriron moitos cortes de luz, pola caída do tendido eléctrico en Vilela de Morquintián, e en Suxo, onde levan sen luzo toda a mañá, polo que xa avisaron a Fenosa dende o Concello.

Tamén se viu afectada a estrada DP5201, con inundacións a altura de Cartel, en Moraime; e cunha zona de Caberta que amencía cuberta de pedras.

En Camariñas

Varios postes caídos tanto no Náutico camariñán como na zona de Xaviña, pero sobre todo problemas co encofrado do paseo de Camariñas, que se levantou por mor do vento.

En Carballo

arbore caida temporal carballo
Poste da luz caído en Sofán

Tamén pegou no norte da bisbarra. A estrada de Sofán á Piña está cortada ao tráfico para proceder á retirada dunha árbore e dun tendido aéreo que caeron durante o temporal. O Servizo Municipal de Protección Civil leva atendidas numerosas emerxencias desde a noite de onte, a maior parte delas rexistradas entre as 23.30 h do martes e as 01.30 h de hoxe.

Ademais dos danos na estrada de Sofán á Piña, tamén caeu parcialmente un tendido no Cótaro (Entrecruces) e árbores e pólas en varias estradas. Tamén se derrubaron dúas vallas publicitarias na zona do Rego da Balsa.

Panel publicitario caido no Rego da Balsa Carballo
Vallas publicitarias caídas no Rego da Balsa

Comentarios