Botan a andar os traballos no Horto Infantil de Carballo

Máis de trinta nenos e nenas participan nas actividades organizadas no Horto Infantil Ecolóxico de Carballo Máis de trinta nenas e nenos de Carballo comezan este luns a súa actividade no Horto Infantil Ecolóxico Municipal. Os traballos arracan o vindeiro luns, día 18, agás para os nenos e nenas de tres anos, que se incorporarán o 21 de febreiro e terán reservado o mércores. O grupo 1 asistirá aos obradoiros os luns e xoves, e o grupo 2, os martes e venres. O horario será o mesmo en todos os casos, de 17.30 a 19.00.  Na páxina web do concello de Carballo están publicadas as listas de admitidas e admitidos. O Horto Infantil Ecolóxico Municipal iniciou este ano unha nova etapa cunha programación estable que se desenvolverá ao longo de tres anos, o que permitirá consolidar este novidoso proxecto escolar impulsado desde a concellería de Promoción Económica para poñer aos nenos e nenas en contacto coa natureza e a terra, poñer a disposición das familias unha ferramenta de apoio ao labor educador e formativo dos centros de ensino e converterse nun laboratorio de novas ideas e técnicas que fomenten o espírito emprendedor dende a infancia.

Novas relacionadas

Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo