Martes. 23.04.2024
El tiempo

A pequehorta de Carballo ferve por primavera

A pequehorta de Carballo ferve por primavera
PequeHorta en Carballo

Temporada de traballo no campo, sen dúbida. E se non que llo pregunten aos peques de Carballo. Estes días están a tope co novo Horto Ecolóxico Infantil Municipal. Unha aposta do Concello carballés coa colaboración de entidades tan comprometidas como AdegaSenda Nova.

Os peques comezan estes días con sesións teóricas antes de collelo sacho. Catro obradoiros dirixidos a alumnado de Primaria, e un para pequerrechiñ@s de dous a cinco anos, inician a súa andaina, de balde, nesta segunda quincena de maio.
Obradoiros son xardín ornamental, sobre o cultivo no horto e sobre a utilización da compostaxe.

PequeHorta Ecoloxica en Carballo

Pequefeiras para fomentar o cooperativismo

A cousa non quedará na horta, e para que os cativos vivan a experiencia completa, a partir do vindeiro curso os nenos e nenas crearán unha cooperativa cos produtos que cultiven e para artellar as “Pequefeiras”, nas que venderán o obtido do seu traballo. Unha acción semellante á que levan os rapaces do Fonteboa co proxecto Sabor Emprendedor.

Así terán o ciclo completo: aprender a entender a terra e a cultivala; aprender a xestionar os cartos, a controlar os gastos, a amortirzar os costes, a solicitar permisos e a reutilizar o diñeiro obtido para avanzar no proxecto… “Os nenos e as nenas entrarán en contacto coa terra e co campo como modo de vida, sempre de maneira lúdica e divertida, e ao mesmo tempo sementando neles o espíritu de iniciativa, de emprendemento, de cooperación e de xestión”.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios