Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Un verán ecolóxico na pequehorta de Carballo

Un verán ecolóxico na pequehorta de Carballo
A PequeHorta Ecoloxica de Carballo planta en alpacas

Se xa fervía na primavera, a pequehorta de Carballo está, neste comezo de verán, espectacular. I é que os coidados dos pequelabregos non é para menos. Son un total de 51 nenos os que están a participar dende este pasado luns e ata o 14 de agosto, nun pioneiro programa de obradoiros no Horto Infantil Ecolóxico.

Un programa que pretende "romper as barreiras que hai entre o núcleo urbano e o medio natural" e facer do recinto situado na rúa Nardos da capital municipal "un espazo con encanto para que os nenos e nenas se fixen no medio rural e na economía tradicional", e que incluso cheguen a ter en conta o agro "como alternativa de futuro" e sexan conscientes da necesidade de "protexer o medio natural". Así o expresou o Concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Regueira.

Ecoloxía pioneira

De feito, dentro do obradoiro "O cole de herba: regando o futuro", dirixido a rapaces e rapazas de Primaria, estase poñendo en marcha unha iniciativa pioneira en Galicia grazas ao uso de alpacas, neste caso feitas de palla de trigo. Así, e mediante un regado intenso e o emprego de fertilizantes orgánicos -incluída borralla das cachelas de San Xoán- nun programa de 12 días, será posible a partir do venres 4 de xullo comezar a plantar alimentos e producir leitugas ou xudías sementadas dentro da propia alpaca.

Unha actividade espectacular, que permite que os cativos que medraron entre asfalto, pérdanlle o medo ao campo dende pequenos.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios