Botan a andar os traballos no Horto Infantil de Carballo
08:10 15/09/17
Máis de trinta nenos e nenas participan nas actividades organizadas no Horto Infantil Ecolóxico de Carballo
Máis de trinta nenas e nenos de Carballo comezan este luns a súa actividade no Horto Infantil Ecolóxico Municipal. Os traballos arracan o vindeiro luns, día 18, agás para os nenos e nenas de tres anos, que se incorporarán o 21 de febreiro e terán
reservado o mércores. O grupo 1 asistirá aos obradoiros os luns e xoves, e o grupo 2, os martes e venres. O horario será o mesmo en todos os casos, de 17.30 a 19.00. Na páxina web do concello de Carballo están publicadas as listas de admitidas e admitidos.
O Horto Infantil Ecolóxico Municipal iniciou este ano unha nova etapa cunha programación estable que se desenvolverá ao longo de tres anos, o que permitirá consolidar este novidoso proxecto escolar impulsado desde a concellería de
Promoción Económica para poñer aos nenos e nenas en contacto coa natureza e a terra, poñer a disposición das familias unha ferramenta de apoio ao labor educador e formativo dos centros de ensino e converterse nun laboratorio de novas ideas e
técnicas que fomenten o espírito emprendedor dende a infancia.
Novas relacionadas
- O horto infantil de Carballo abre o prazo para os obradoiros de verán
- Os usuarios de APEM sacan o sacho para manter vivo o Horto Infantil de Carballo
- Os peques carballeses andan e plantan.
- Paredes que modernizan.
- Un verán ecolóxico na pequehorta de Carballo.
- A pequehorta de Carballo ferve por primavera.
- Da importancia da Formación Rural na Costa da Morte.
- Colleita solidaria na peque-horta de Cee.
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo