luns. 05.01.2026
El tiempo

A Cabalgata de Carballo, en directo tamén na rede

Cabalgata Carballo 2023 3
Imaxe de arquivo da cabalgata carballesa
A Cabalgata de Carballo, en directo tamén na rede

A Cabalgata carballesa realizarán un percorrido pola vila e recibirán aos nenos e nenas na carpa da Praza do Concello para falar con eles e atender as súas peticións. A cativada tamén poderá entregar as súas cartas na Caixa de Correos Real situada á entrada.

Este ano o itinerario tense adaptado tendo en conta os lugares con máis afluencia de público e os Reis poderán visitar as principais rúas de Carballo con saída desde o Centro Comercial Bergantiños Hiper Gadis, parada na Avenida da Milagrosa, na rúa Martín Herrera e recepción na Casa do Concello. Como cada ano, tamén haberá animación especial na carpa da Praza a partir das 18.00 horas con DJ FranStone, onde poderán agardar a chegada da Cabalgata. E, ademais, as Súas Maxestades de Oriente irán acompañadas durante todo o percorrido por un pasarrúas protagonizado por unha figura xigante de globos de cores, que animará aínda máis a tarde máis máxica do ano.

percorrido-cabalgata-Carballo 2026

HORARIOS

  • 16. 45 h.: Chegada das súas Maxestades ao Centro Comercial Bergantiños Hiper Gadis
  • 17.10 h.: Saída do Centro Comercial Bergantiños Hiper Gadis
  • 18.00 h.: Animación na Praza do Concello con DJ FranStone
  • 19.00 – 19.30 h. (aprox.) Chegada das súas Maxestades á Praza do Concelllo

Como cada ano, haberá seguimento en tempo real da ubicación da Cabalgata en carballoenrede.com

PERCORRIDO

Saída no aparcamento do CC Bergantiños Hiper Gadis, Avenida Ponte da Pedra, Rúa Fábrica, Rúa Poñente, Rúa Luis Calvo, Rúa Alexandre Bóveda, Avenida de Fisterra, Rúa Río Anllóns, Avenida da Milagrosa (Parada 1), Rúa do Sol, Rúa Martín Herrera (Parada 2), Rúa Jacinto Amigo, Rúa Desiderio Varela, Rúa Gran Vía, Rúa Doutor Fleming, Avenida de Bergantiños, Rúa Vila de Ordes, Rúa Gran Vía, Rúa Vázquez de Parga, Rúa Valle Inclán, Rúa Colón e chegada á Praza do Concello.

Comentarios