Xoves. 02.05.2024
El tiempo

A campaña Xeración D axuda a reducir a fenda dixital en Carballo

Caravana D Xeneracion
A campaña Xeración D axuda a reducir a fenda dixital en Carballo

Os vindeiros días 30 de xuño, 1 e 3 de xullo de 2023 o espazo itinerante “Únete a la Generación D’, cada día somos más” visitará Carballo, situándose en Praza do Concello. Trátase dunha caravana do goberno central formada por Seis autobuses que percorren España con xogos e actividades para afondar nas habilidades dixitais da mocidade, e axudar a descubrir novas ferramentas.

Buscadores da Internet, redes sociais, ciberseguridade, xestións en liña… A dixitalización fai parte do día a día. Por iso, esta experiencia ofrece aos usuarios multitude de recursos e orientación para o sinxelo desenvolvemento das súas competencias dixitais, aplicable a todos os ámbitos da vida cotiá. 

Os obradoiros, xogos e actividades están pensados para que toda a cidadanía participe na experiencia, con especial atención a desempregados, mulleres maiores de 45 anos, séniors… "Queremos romper coa fenda dixita", explican animando á xente a participar nesta experiencia gratuita que e ten unha duración aproximada duns 30-40 minutos.  

Podes reservar praza aquí.

Comentarios