Sábado. 12.10.2024
El tiempo

Un boleto selado en Carballo gaña 1,6 millóns de euros na Bonoloto

Loteria Carballo Rua Horreo 3
Un boleto selado en Carballo gaña 1,6 millóns de euros na Bonoloto

Un boleto da 'A Bonoloto' validado en Carballo, na Admistración 1 situada na rúa Hórreo, saíu premiado con máis de 1,6 millóns de euros ao ser o único acertante de Primeira Categoría no sorteo celebrado este venres, segundo informou Lotarías e Apostas do Estado.

A combinación gañadora do sorteo da Bonoloto celebrado este venres, 13 de setembro, foi:  2, 7, 9, 13, 23, 26. O número complementario é o 20 e o reintegro, o 6. 

De Segunda Categoría (cinco acertos máis complementario) existen dous boletos acertantes que foron validados na Administración de Lotarías número 30 da Coruña, situada en Avenida de Monelos, 143 e a través da canle oficial de internet de Lotarías e Apostas do Estado.

Comentarios