Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo acolle este domingo a primeira Feira do Mercado Social

Feira Social Carballo 2021 cartel
Carballo acolle este domingo a primeira Feira do Mercado Social

Este 12 de decembro, a planta alta do Mercado Municipal encherase de compromiso e solidariedade. A 1ª Feira do Mercado Social chega a Carballo coa idea de “impulsar e apoiar unha rede de empresas solidarias, que fomenten o respecto ás persoas e ao medio ambiente en todos os ámbitos da economía”.

XA este xoves, o Concello en colaboración con REAS Galicia, unha rede de 25 empresas con características éticas e solidarias que desenvolven a súa actividade na nosa comunidade, explicarán o seu traballo.

O domingo, a feira abrirá ás 10:30h e pola mañá haberá unha mesa de experiencias, presentarase o Mapa de Solidariedade Internacional sobre o consumo, e haberá unha Sesión vermú con Aldaolado ás 13:00h.

Pola tarde, a partir das 17:00h arrinca un Obradoiro de sensibilización sobre accesibilidade universal con Praxxis Inclusión. Ás 18.00h, Xarope Tulú presenta o espectáculo “Utopías” para o público familiar, e as 19:30h será a clausura.

Comentarios