Carballo acolle este venres un seminario sobre intelixencia empresarial e ciberseguridade
Empresas, responsables técnicos municipais e forzas de seguridade son as principais destinatarias da nova acción formativa que acolle o Concello de Carballo. Pero o Seminario sobre Ciberseguridade e intelixencia artificial está aberta a todo o público interesado.
A cita será na mañá do venres 28 de outubro no Forum Carballo con dous ponentes Ana Isabel Páramo e Luis Jurado. Ana Isabel Páramo é experta en análise de intelixencia, con seis anos de experiencia no sector de seguros de crédito á exportación e vinte no Ministerio de Defensa como analista de intelixencia e formadora. Colabora con varias universidades españolas e dende o ano 2019 dirixe a súa propia consultoría sobre intelixencia empresarial, “La escuela de inteligencia”.
Luis Jurado, socio director da área penal de Perseus & RC Avogados, é avogado penalista especializado en delitos informáticos. Formador do Instituto Nacional de Ciberseguridade (Incibe) e da Academia Galega de Seguridade Pública (Agasp).
As persoas interesadas en asistir deben inscribirse enviando un correo electrónico cos seus datos a [email protected].