![Unha empresa con domicio social en Cances e a adxudicataria do contrato de limpeza e mantemeno das cunetas]()
Unha empresa con domicio social en Cances e a adxudicataria do contrato de limpeza e mantemeno das cunetas
Nunha sesión ordinaria e fóra da orde do día, o goberno municipal de Carballo vén de aprobar a adxudicación do contrato administrativo de servizos de
"Limpeza, desbroce e mantemento de cunetas nos viais das parroquias de Carballo" por un importe de 47.177,90 euros e un período de tres anos, coa posibilidade dunha prórroga anual previo acordo das partes. O prazo máximo anual de execución dos traballos será de dous meses, mentres que o de prestación do mantemento será de cinco meses. A empresa responsable dos traballos ten o domicilio social en Cances.
Así mesmo, xa dentro da orde do día e tamén no apartado de adxudicacións, saíron adiante as relativas ao contrato de
"Subministro por prezos unitarios de calefacción (pellets e astillas) con destino a diversas instalacións municipais do concello de Carballo". A adxudicación está dividida en dous lotes, o 1, para o subministro con astillas das caldeiras de biomasa das piscinas municipais e o 2, para o subministro de pellets para a caldeira da casa do Concello.
No caso das piscinas, a adxudicataria é Maderas Eucatar S.L. por un período de catro anos e cun prezo unitario de adxudicación de 30,49 euros por metro cúbico. O consumo estimado de metros cúbicos ao ano é de 2.100, o que fai un total de 8.400 metros cúbicos de astilla polo período completo de duración do contrato. No caso da casa consistorial, a empresa adxudicataria é Gestán Medioambiental S.L. por un prezo de 242,89 euros por tonelada de
pellets. E
stímase un consumo aproximado de 20 toneladas ao ano, o que fai un total de 80 toneladas polo período total da duración do contrato, fixado tamén en catro anos.
PAS 2015
A xunta de goberno tamén supuxo a aprobación dun total de cinco expedientes de contratación para principiar o proceso de licitación doutras tantas obras no municipio, tres delas incluídas no PAS 2015, Plan de Acción Social, da Deputación da Coruña. O importe total destinado para os cinco proxectos ascende a 862.215, 61 euros.
O primeiro deles refíerese ao Contrato de obras de "
Melloras de accesibilidade e funcionamento do Pazo da Cultura de Carballo (PAS 2015)" cun prezo base de licitación de 36.315,78 euros; o segundo, ao contrato para a "
Mellora da accesibilidade no barrio das Flores (PAS 2015)" cun prezo base de licitación de 261.057,35 euros; o terceiro ao contrato de obrasde
"Eliminación de barreiras arquitectónicas na Rúa Xúpiter (PAS 2015)" por 102.830,69 euros; o cuarto, ao contrato administrativo de obras de
"Reparación dos viais secundarios das parroquias de Cances, Goiáns e Carballo", cun prezo base de licitación de 224.088,15 euros; e, por último, houbo luz verde para a licitación da
"Reparación dos viais secundarios das parroquias de Sísamo e Artes" por 237.923,64 euros.
Subvencións a empresas e de Servizos Sociais
Nunha sesión con numerosos asuntos, tamén seaprobou fóra da orde do día dous puntos relativos a subvencións. O primeiro, a concesión de subvencións a entidades empresariais para
actividades de promoción económica. Finalmente, e segundo a proposta da comisión avaliadora, concedéronse subvencións por un importe global de 50.705,44 euros que se reparten Axober - Asociación de Xóvenes Empresarios de Bergantiños -, a asociación As Eiroas de Empresarios e Propietarios do Polígono de Bértoa, o Centro Comercial Aberto, CCA Carballo e a asociación de Comerciantes, hostaleiros e profesionais do Barrio da Milagrosa.
Así mesmo saíu adiante a convocatoria de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que desenvolvan acción no eido dos Servizos Sociais para o ano 2016. Destinaranse un máximo de 32.000 euros á concesión destas axudas.
Convenios
A orde do día incluíu varios asuntos relacionados co desenvolvemento de actividades culturais, como é o caso dos convenios de colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais - AGADIC - para a programación do segundo semestre de 2016; coa Deputación para os espectáculo da Rede Cultural 2016; ou coa Fundación Luís Calvo Sanz para a realización da actuación do grupo "Jóvenes clásicos del son" no marco da programación do Verán Cultural 2016. Tamén se aprobou o
programa da Praza dos Libros 2016 ou o gasto da programación do segundo semestre de 2016 da Rede Galega de Teatros e Auditorios.
Tamén se deu conta dos convenios para a celebración do
Festifolk 2016, para a colaboración coa consellería de Medio Rural para a participación na prevención e defensa de incendios forestais ou do acordo para o financiamento de melloras nas zonas verdes e aparcadoiros do Parque Empresarial de Bértoa. Por último, o apartado de convenios péchase coa a
probación dun convenio coa Deputación para o financiamento da Unidade Asistencial de Drogodependencias - UAD - cunha achega máxima de 20.000 euros por parte do organismo provincial.
Xa entre os asuntos de trámite, hai que mencionar a prórroga dun ano para o servizo de Limpeza e mantemento da Unidade Asistencial de Drogodependencias; a correción dun erro material do Lote III do Contrato de "Limpeza de bens inmobles do Concello de Carballo"; ou a aprobación de cinco licenzas de obra e tres licenzas de primeira ocupación.
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
- Concello de Carballo