Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Os 13 proxectos de entidades sociais que apoia o Concello de Carballo

Vieiro na aula afectivo-sexual
Unha acción escolar de Vieiro
Os 13 proxectos de entidades sociais que apoia o Concello de Carballo

A Concellaría de Igualdade, Benestar e Sanidade de Carballo vén de debullar a súa listaxe de axidas á proxectos realizados por 13 entidades sociais. Unhas axudas que contan cun orzamento de 60.000 euros, que supón máis do 66% do orzamento global.

Estas son as entidades e os seus proxectos:

  • Quéreme ben. Asociación antidroga Vieiro: 7.166,95 €.
  • Espazo de busca activa de emprego. Cruz Vermella Carballo: 4.500 €.
  • Atención primaria. Cáritas interparroquial de Bergantiños: 5.972,45 €.
  • Alcer 7 vidas. Alcer (Asociación de loita contra as enfermidades do ril): 1.958,40 €.
  • Webinars, charlas e talleres participativos. Asarga (Asociación sarcomas de Galicia): 5.574,29 €.
  • Plan de cobertura de necesidades básicas das persoas en situación de carencia de recursos económicos con residencia no concello de Carballo. Fundación Amigos de Galicia: 4.180,72 €.
  • Visibilidade da diversidade. Asociación Íntegro: 3.845,45 €.
  • Programa de formación laboral, apoio educativo para a inclusión social, laboral e escolar de nenos, adolescentes, mocidade e adultos. Centro social San Xoán Bautista: 5.176,13 €.
  • Proxecto de actividades. Asociación Un paso máis: 3.583,44 €.
  • Apoio á autodeterminación e á integración social das persoas con trastorno mental grave. APEM (Asociación pro enfermos mentais): 5.774,38 €.
  • Programa educativo. Proxecto Home Galicia: 3.000 €..
  • Mantemento da asociación Afaber (Asociación de familiares de enfermos de alzheimer de Bergantiños): 6.768,79 €.
  • Programa Estar cerca de ti. AECC (Asociación española de loita contra o cancro): 2.500 €.

Máis axudas

A Concellería lembra que ofrece apoio directo ás familias, como as axudas para o pagamento do subministro enerxético, das que se beneficiaron na convocatoria deste ano un total de 118 familias do concello; para casos de emerxencia social (pagos de recibos, transporte, sepelios...), ou vales de alimentos, que este ano incrementáronse ata un 50% para contribuír a que as familias con menos recursos poidan facer fronte ao encarecemento do prezo da vida.

Comentarios