Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo aposta pola música galega para o programa de Novembro

Novembro con Musica en Carballo 2021
Carballo aposta pola música galega para o programa de Novembro

Esta pasada fin de semana arrincou o programa “Novembro con música” do Concello de Carballo. Nunha edición que aposta pola música galega, como o refrenda a estrea, realizada este pasado fin de semana co mítico festival “Live in Cances”. Tras un ano de parón, o festival da Asociación Cultural San Campio celebrou a súa 15ª edición no Local Social de Cances, coas bandas de sempre, “Versión Imposible” e “The Cerne Revival”.

Este mércores continúa o programa con Fransy González e Davide Salvado, que farán un concerto didáctivo de música tradicional destinado para alumnado do Conservatorio.

A seguinte cita aberta será o venres 19 novembro, ás 21.00 h no Pazo da Cultura con “Marés Sonoras”, que presentará o seu novo disco Soños Ibéricos, co seu quinteto de voz, vibráfono, saxo, contrabaixo e percusión .

O domingo 21 novembro, ás 18.00 h o Pazo da Cultura acolle o espectáculo “Desconcerto” de Culturactiva Producións, unha aposta polo humor misturado coa música culta.

Xa venres 26 novembro, ás 21.00 h, as costeiras Caamaño e Ameixeiras encherán o Pazo coa súa música folk, estreando o premio Martín Codax.

O sábado 27 e martes 30 novembro, a partir das 20.00 h sesión do alumnos e alumnas do Conservatorio Profesional de Música de Carballo non podería faltar á cita de Novembro con Música. Nesta ocasión, con dous concertos, o da Banda de Música do Conservatorio de Carballo, o sábado 27 de novembro ás 20.00 h, e o da Big Band do Conservatorio o martes 30 de novembro ás 20.00h.

Non para a música en decembro, e o sábado 11 decembro, a partir das 20.00 h, o grupo carballés Chicharrón presentará o seu novo disco Unha fronteira intacta, “un álbum verdadeiramente inspirador, un novo manifesto humanista e artístico nunha banda sempre inquieta, sempre sorprendente” tal como eles o definen.

E por último, o domingo 19 decembro, de 09.00 a 15.00h, Xornada de Encontros provinciais “Somos pandereteiras”, para o que hai que inscribirse.

Comentarios