Sábado. 27.04.2024
El tiempo

Carballo aproba unha liña de axudas ás familias ante a subida da luz

Subida da luz
Carballo aproba unha liña de axudas ás familias ante a subida da luz

Levamos meses alucinando coa surrealista e incomprensible subida da factura da luz, provocando que cada vez sexan máis as familias con dificultades para facer fronte ao seu pago. Para o goberno municipal de Carballo, o acceso á electricidade é unha necesidade básica. Por iso, ante as necesidades detectadas e coa finalidade de evitar a existencia de pobreza enerxética no concello, dende o departamento de Benestar veñen de aprobar unha liña de axudas para que as familias que máis o precisen poidan facer fronte ao pago das súas facturas da luz.

Poderán acceder ás axudas as persoas maiores de 18 anos ou menores emancipadas que cumpran algún dos seguintes requisitos:

  • Ser beneficiarias do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade.
  • Recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, osixenoterapia domiciliaria.
  • Recibir durante o ano 2021, polo menos durante seis meses, tratamento de diálise peritoneal domiciliaria.

A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 200 euros, nun pago único. A Concellaría de Igualdade e Benestar destina a esta liña de axudas, nesta primeira convocatoria, un máximo de 60.000 euros.

As bases da convocatoria foron aprobadas hoxe pola Xunta de Goberno Local. O prazo de solicitude abrirase a partir da publicación correspondente nos boletíns oficiais.

Comentarios