Carballo aproba as subvencións por 60.000 para as entidades sociais
10:49 22/07/21
Onte tiña lugar a toma de posesión de 13 novos/as administrativos/as do Concello de Carballo, que estreaban a súa calificación. Pasan de Auxiliares a Administrativos tras acadar as mellores puntuacións nun proceso selectivo realizado polo sistema de concurso-oposición por promoción interna.
Axudas a entidades sociais
Programas formativos, de sensibilización social e gastos de mantemento das asociacións, son os conceptos que as entidades sociais de Carballo poderán afrontar coa axuda aprobada polo Concello de Carballo, por un total de 60.000€.
Estas son as contías:
- Aspaber: 6.786 euros (96,94% do importe solicitado) para o mantemento da entidade.
- Asociación Antidroga Vieiro: 6.786 euros (86,77% do solicitado) para o programa “Quéreme ben”.
- Cruz Vermella Carballo: 4.500 euros (100% do solicitado) para o Espazo de busca activa de emprego.
- Cáritas Interparroquial de Bergantiños: 5.655 euros (56,55% do solicitado) para o servizo de atención primaria.
- Alcer: 1.872,5 euros (89,16% do solicitado) para o programa Alcer 7 vidas.
- Aloumiños: 4.147 euros (55,29% do solicitado) para o programa de actividades do 2021.
- Fundación Amigos de Galicia: 3.770 euros (47,12% do solicitado) para o plan de cobertura de necesidades básicas ás persoas con domicilio en Carballo en situación de carencia e/ou limitación de recursos económicos.
- Íntegro: 3.727,5 euros (93,18% do solicitado) para as campañas de visibilización da diversidade.
- Centro Social San Xoán Bautista: 4.901 euros (61,26% do solicitado) para o “Programa de formación laboral e apoio educativo para a inclusión social, laboral e escolar de nenos, adolescentes, mocidade e adultos”.
- Fundación Érguete-Integración: 1.668 euros (100% do solicitado) para orientación laboral e xestión de competencias.
- APEM: 5.278 euros (65,97% do solicitado) para a alfabetización dixital de persoas con enfermidade mental grave.
- Proxecto Home Galicia: 3.000 euros (100% do solicitado) para o seu programa educativo.
- Afaber: 6.409 euros (80,11% do solicitado) para o mantemento da asociación.
- Asociación Española de Loita contra o Cancro: 1.500 euros (100% do solicitado) para o programa “AECC: estar cerca de ti”.