Xoves. 28.03.2024
El tiempo

Carballo celebra a Semana da Mobilidade implicando a Asociacións e Centros de Ensino

Semana Mobilidade Carballo 2022
O concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, e o alcalde, Evencio Ferrero presentaron o programa da Semana Mobilidade de Carballo 2022
Carballo celebra a Semana da Mobilidade implicando a Asociacións e Centros de Ensino

Do 16 ao 22 de setembro Carballo súmase, como unha das 430 cidades españolas e das 2.217 de todo o mundo, á Semana Europea da Mobilidade. Unha cita que este ano conta con máis apoio asociativo que nunca, coa participación da Asociación contra o Cancro, a asociación de veciños Santiago Apóstol de Sísamo, a asociación ambiental Senda Nova, Íntegro e o Club Ciclista Carballo Vázquez y Reino, que coordinará boa parte das actividades.

Un ano máis haberá andainas, rutas en bicicleta, xornadas lúdicas, chequeo da accesibilidade e promoción da mobilidade sostible para accións tan cotiáns como ir traballar ou mercar á feira.

O gran día será o domingo 18, o Día sen coches, cando haberá actividades en varias rúas dos barrios que estarán pechadas ao público.

O xogo Cicl-Ando Carballo

Unha das grandes apostas é a implicación dos centros escolares, a onde se levará o xogo Cicl-Ando Carballo. Nos colexios interesados desenvolveranse xornadas lúdicas para dar a coñecer o mecanismo de xogo, e en todos os centros farase entrega dun exemplar para que poidan seguir xogando e traballando na mobilidade sostible ao longo de todo o curso. Tamén haberá unha xornada pública de presentación do xogo o mércores 21.

Un xeito de poñer en valor os 18 km de sendas ciclo-peonís.

Para algunhas actividades cómpre inscribirse ben neste formulario online ou ben presencialmente na Biblioteca Rego da Balsa.

Programa Semana da Mobilidade-Carballo 2022

Comentarios