Xoves. 18.04.2024
El tiempo

Carballo celebra o 150º aniversario do nacemento de Xesús San Luís Romero

xesus san luis_programa_instagram post
Carballo celebra o 150º aniversario do nacemento de Xesús San Luís Romero

O 9 de setembro fai 150 anos que naceu en Carballo (na rúa da Saúde) Xesús San Luís Romero. A vila vivirá, centrada no colexio que leva o seu nome, unha xornada moi especial. Unha exposición sobre a vida e a obra do autor será a primeira dunha serie de iniciativas que se desenvolverán ao longo do curso escolar para reivindicar unha figura fundamental da literatura galega de finais do século XIX e comezos do XX.

Os actos na rúa da Saúde, ao pé da casa onde naceu, comezarán ás 20.00 horas coa actuación da Banda Municipal de Gaitas. De seguido intervirán o alcalde de Carballo, Evencio Ferrero, e o historiador e cronista local Xan Fraga Rodríguez, que fará unha introdución sobre a figura de Xesús San Luís Romero e a súa obra poética e teatral. A actriz Alba Bermúdez, de Galeatro, e o actor Toño Casais, de Talía Teatro, dirixidos por Artur Trillo, realizarán unha lectura dramatizada de varias escenas da súa obra máis coñecida e popular.

Comentarios