Domingo. 07.08.2022
El tiempo

Carballo convoca de novo a liña de axudas para afrontar a suba do recibo da luz

Subida da luz
Carballo convoca de novo a liña de axudas para afrontar a suba do recibo da luz

Por segundo ano, e dado que o prezo da electricidade segue sen baixar, e a inflación continúa afogando ás familias, o Concello de Carballo vén de abrir unha liña de axudas para paliar a pobreza enerxética.

A subvención á que poderán acceder as persoas solicitantes será de 200 euros, nun pago único. O prazo de solicitude rematará o 7 de xullo.

Poderán acceder ás axudas as persoas maiores de 18 anos ou menores emancipadas que estean empadroadas no concello cunha antigüidade mínima de seis meses, e que cumpran, ademais, algún dos seguintes requisitos:

  • Ser beneficiarias do bono social das diferentes comercializadoras de electricidade, como mínimo durante os tres meses anteriores á convocatoria das axudas.
  • Recibir osixenoterapia domiciliaria polo menos durante seis meses antes da convocatoria das axudas.
  • Recibir tratamento de diálise peritoneal domiciliaria polo menos durante seis meses antes da convocatoria das axudas.

comentarios