Carballo, da Semana Europea da Mobilidade ao Congreso Cidades que Camiñan
Carballo é o único Concello da Costa da Morte no que as palabras sostibilidade, accesibilidade e mobilidade están presentes na vida municipal. Así se demostrou a pasada semana coa celebración dun completo programa de actividades da Semana Europea da Mobilidade. Foron un total de 16 actividades nas que participaron máis de 700 persoas.
Carballo foi unha das 432 cidades españolas e das 1.691 de todo o mundo que participaron nesta iniciativa da Comisión Europea para promover o cambio de comportamento en favor dunha mobilidade activa e de solucións de transporte limpas e intelixentes, e cuxo lema foi este ano Espazo público compartido.
As actividades máis destacadas forno as seis rutas a pé, dúas en bicicleta, seis actividades lúdicas para nenos e nenas e dúas accións de sensibilización sobre o uso da bicicleta e sobre a accesibilidade universal.
Congreso Rede de Cidades que Camiñan
Carballo participa no XI Congreso da Rede de Cidades que Camiñan, que se celebra en Pamplona. O concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane, participa xunto con Milagros Lantes, como representantes do Concello de Carballo na xunta directiva da Rede de Cidades que Camiñan; Daniel Barreiro, asesor da área de Planificación Urbana e Mobilidade, e Alfredo Garrote, arquitecto municipal, agradeceu a colaboración de entidades como Senda Nova, Club Ciclista Carballo, Íntegro, Facultade de Fisioterapia da UDC ou empresas coma Vegalsa, pero destacou especialmente a implicación, ano tras ano, da veciñanza da rúa Mahón, que reuniu ao longo da xornada a máis de cincuenta persoas, na súa maior parte nenos e nenas, para gozar coas carrilanas, xincanas ou coa visita da mascota da rúa, Dino Langostino.