Xoves. 25.04.2024
El tiempo

Carballo decláralle a guerra ás cabichas e ós excrementos de cans

papeleira dispensador bolsas Eu quero carballo
A rede de papeleiras e dispensadores de bolsas de plástico para os excrementos de can mellorou pero non solventa o problema
Carballo decláralle a guerra ás cabichas e ós excrementos de cans

Cabichas e excrementos de cans constitúen o principal cabalo de batalla do servizo de limpeza viaria en todas as vilas do país. Tamén en Carballo, que parece ser o único que presta a debida atención ante a falta de concienciación da cidadanía.

Así o constata o Concello tralo informe do persoal do Centro Especial de Emprego Aspaber-UTE, que, en calquera caso recoñece que a presenza de feces descendeu dende a instalación de papeleiras con dispensadores de bolsas.

As cifras meten medo. No ano 2018, a modo de experimento, amorearon as cabichas recollidas nunha semana: 100 quilos, o que equivale a 50.000 cabichas, é dicir, 7.000 ao día. A cousa mellora pero estas condutas incívicas continúan sendo preocupantes.
As cabichas están consideradas coma o principal residuo a nivel mundial. Nas cidades son arrastradas pola choiva ata as redes de saneamento, contaminándo a auga, e tardando décadas en desaparecer.

”A única forma de eliminar o problema por completo é a responsabilidade individual de fumadores/as, por un lado, e de propietarios/as de cans, polo outro”, sinalan.

Comentarios