Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo exporta o seu modelo de Horto infantil Ecolóxico

Carballo exporta o seu modelo de Horto infantil Ecolóxico
Os Pequenos de 3 anos xa son labregos Os Pequenos de 3 anos xa son labregos

Segue medrando a familia do Horto Infantil Ecolóxico Municipal. Desta volta son os15 nenos e nenas de tres anos os que se convertiron á agroecoloxía. Cunha programación especial que se centra na parte de xardín ornamental e nas plantas aromáticas, os máis pequenas da escoliña muninipal carballesa aprenderán sachando, desde a educación ata a promoción da cultura do emprendemento, a socialización entre cativos/as de distintos colexios ou mesmo a psicomotricidade.

No seu primeiro día, sen ir máis lonxe, os/as participantes adestráronse co manexo do sacho ou da carretilla, e moi pronto traballarán a psicomotricidade fina con tarefas como a selección de sementes. Os nenos e nenas de Infantil e Primaria están centrados neste momento no acondicionamento dos bancais despois do inverno, pero a vindeira semana xa empezarán a preparar sementeiras para plantar na primavera. Este ano teremos leitugas, tomates, pementos, berenxenas, feixón verde... e algunha que outra sorpresa.

O éxito do programa o corrobora o feito de que as prazas están agotadas para 3 anos e para infantil, quedando algunha libre en Primaria (poden inscribir aos seus peques nas oficinas da Concellaría de Promoción Económica, situadas no Museo de Bergantiños).

Exportando saberes

Ademais, o Horto Infantil Ecolóxico Municipal de Carballo está a converterse nun modelo para outros concellos como o de Allariz, que quere importar o noso proxecto para poñer en marcha unha iniciativa semellante. De feito, o coordinador do Horto e o técnico de Medio Ambiente de Carballo xa realizaron unha primeira visita de traballo ao municipio ourensán, e mañá venres volverán para supervisar os traballos previos á posta en marcha do horto de Allariz.

En Carballo esta iniciativa non só se desenvolve nas instalacións da rúa Nardos, senón que, grazas ao Horto Viaxeiro, tamén chega aos colexios Xesús San Luís Romero, Fogar, Gándara-Sofán, Nétoma-Razo, CRA Ponte da Pedra e Escola Infantil As Landras, cun total de 1.600 participantes.

Novass relacionadas

Fonte

Comentarios