Venres. 26.04.2024
El tiempo

Carballo investirá medio millón de euros en melloras dos centros escolares

08092021 fogar_patio_infantil
No patio do CEIP Fogar
Carballo investirá medio millón de euros en melloras dos centros escolares

Hoxe, xoves 9 de setembro, comeza o curso e as administracións apuran para ter todo en perfecto estado. Xunta e Deputación anunciaban estes días melloras en coles da Laracha, Laxe... Tamén o Concello de Carballo lembra que é están a realizar un investimento de medio millón de euros en distintos proxectos.

O máis cuantioso levarase a cabo no CEIP Gándara-Sofán, no que, con cargo ao remanente de tesourería do ano 2020, cun investimento de 216.286,66 euros na instalación dunha nova cuberta no pavillón deportivo, que tamén contará con gradas, novo equipamento e unha pasarela cuberta de comunicación co colexio, entre outras melloras.

Tamén con fondos do remanente vimos de acometer un proxecto de mellora da accesibilidade e a seguridade no CEIP Fogar, por unha banda mediante a renovación da rampla de acceso dende a avenida de Bergantiños e, por outra, coa pavimentación do patio de infantil para a súa adaptación á normativa actual.

Agora mesmo está en execución tamén unha actuación de pintado e illamento na escola de Queo, na parroquia de Bértoa. Entre as dúas intervencións estamos a investir 45.700 euros.


 

Comentarios