Sábado. 07.09.2024
El tiempo

Carballo Limpo pon en marcha un sistema de fregado das beirarrúas

Carballo Limpo pon en marcha un sistema de fregado das beirarrúas
carballo-limpo-fregadora carballo-limpo-fregadora Grazas a unha tecnoloxía pioneira en Galicia, o servizo municipal de Carballo Limpo desenvolve durante estes días un plan de fregado de beirarrúas a través dun sistema rotativo de limpeza de pavimentos moi sinxelo e eficaz, que, basicamente, consiste no lanzamento de auga a presión sobre as superficies para arrastrar po, residuos e desperdicios cun reducido consumo de auga. A fregadora que se está a utilizar en Carballo, e que se incorpora ao equipo material do servizo de limpeza viaria, permite fregar grandes áreas con rapidez, xa que ten un diámetro de limpeza de 480 milímetros, e está equipado cun faldón de cerdas que atrapa os escombros. O concelleiro de Obras e Servizos, Luis Lamas, destacou a versatilidade do aparato, especialmente deseñado para actuar sobre asfalto, adoquín, cemento e outros materiais usados nas pavimentacións. Así mesmo, indicou que os operarios están a empezar a limpar pola parte alta das rúas Gran Vía e Vázquez de Parga e que irán avanzando ata completar todas as beirarrúas. Novas relacionadas Fonte

Comentarios