venres. 12.09.2025
El tiempo

Carballo prepara a Semana da Mobiliade con andainas, rutas en bicicleta, xogos e mesmo actuacións musicais

Juan Seoane con Evencio Ferrero e Angeles Pacoret
Juan Seoane con Evencio Ferrero e Angeles Pacoret
Carballo prepara a Semana da Mobiliade con andainas, rutas en bicicleta, xogos e mesmo actuacións musicais

Non falla o Concello de Carballo e ten lista xa unha nova edición da Semana da Mobilidade. Este ano inclúe actividades desde o 15 ata o 21 de setembro e que, como en edicións anteriores, conta coa colaboración de entidades como a Asociación de Veciños Santiago Apóstol de Sísamo, Íntegro e Senda Nova.

O concelleiro de Mobilidade, Juan Seoane animou á veciñanza non só a participar activamente nas andainas, rutas en bicicleta, xogos e mesmo actuacións musicais previstas para estes días, senón, moi especialmente, a implicarse na reflexión colectiva sobre o espazo urbano que propoñemos este ano.

Esa reflexión vaise concretar en varias actividades. Por unha banda, a exposición Arquitectura e memoria, que inclúe unha vintena de acuarelas de edificios carballeses pintadas por Martín Garrido Porto. A mostra será inaugurada o martes 16 nas Escolas do Xardín Agra de Caldas, e está directamente relacionada con outras dúas actividades previstas para o xoves 18: a presentación do traballo de fin de grao Vivenda social en Carballo 1950-1970: as casas baratas, de Aldara García Vecino, e unha ruta guiada por Xaime Díaz Alonso.

Por outra banda, o venres 19 celebrarase na Biblioteca Rego da Balsa unha sesión de presentación do plan director dos barrios da Granxa e O Hospital, un documento similar ao que se elaborou no seu día para a contorna do balneario e que se concretou nas actuacións urbanísticas realizadas nese ámbito.

semana_mobilidade_Carballo_2025 1

semana_mobilidade_Carballo_2025 2

Comentarios