Carballo presenta a súa nova sala de lactación materna no mercado cunha charla

07:47 27/05/25
Celebra o Concello de Carballo o Día do Mercado, e faino este xoves 29 cunha charla para presentar da nova sala de lactación do recinto. Un recurso que utilizan moitas mamás pero que aínda é descoñecido para moitas outras.
A xornada incluirá unha charla de Fátima Varela Basalo, matrona e asesora internacional de lactación, que falará sobre distintos aspectos relacionados coa lactación e sobre os recursos públicos dispoñibles para as nais e as familias.
A charla empezará ás 17.00 horas no hall do mercado (acceso pola Gran Vía), con acceso libre e de balde para todas as persoas interesadas.
Outras actividades polo Día do Mercado
O mercado municipal acollerá tamén outras actividades ao longo do mes de xuño.
- Día 3 de xuño (Sala de formación - 17.00 horas). Taller de herbas de San Xoán. Dentro da Semana do Medio Ambiente incluímos unha actividade que anticipa a chegada das nosas festas patronais, na que contaremos co Grupo Naturalista Hábitat para aprender a identificar e coñecer as características das herbas de San Xoán.
Inscrición nesta ligazón. - Día 9 (Sala de formación – 17.00 horas). Os servizos públicos en Galicia, dentro do programa MercaEscola que non puido levarse a cabo por mor do apagamento eléctrico do día 12.
- Día 16 (Sala de formación – 17.00 horas). O coidado das plantas no fogar. Aprendendo a escoller as máis axeitadas e como coidadas coa enxeñeira técnica agrícola e paisaxista Carmen Alonso.