xoves. 15.05.2025
El tiempo

Carballo presume da calidade das súas praias

Carballo presume da calidade das súas praias
praia-razo A praia carballesa de Razo é unha das que obtivo uns resultados excelentes nos controis da calidade das súas augas. Imaxe: Carballo é mar Carballo ten, a día de hoxe, unhas zonas de baño de "excelente" calidade. Así o constatan as análises realizadas dende o mes de abril tanto polo concello de Carballo. Destas análises despréndese que a presenza de escherichia coli e enterococo intestinal é practicamente inexistente e está moi lonxe dos niveis permitidos tanto no Real Decreto 1341/2007, sobre xestión da calidade das augas de baño, como na Directiva 2006/7/CE da Unión Europea. Os controis realízanse nas cinco zonas de baño nas que está dividido o litoral carballés: Razo, Arnados, Pedra do Sal, Baldaio-Saíñas e Ría de Baldaio. En Arnados, onde se teñen detectado problemas moi puntuais de elevada presenza desas dúas bacterias, o concello de Carballo realizou catro analíticas os días 26 de abril, 12 de xuño, 28 de xuño e 20 de xullo; mentres que a consellería de Sanidade fíxoas os días 24 de maio, 6 de xuño, 18 de xuño, 28 de xuño e 11 de xullo, e en todas elas tanto os niveis de escherichia coli como os de enterococo intestinal estaban moi lonxe dos parámetros establecidos para que a calidade das augas poida ser cualificada como excelente. Desas 16 análises realizadas, so houbo 3 nas que se superaron os niveis permitidos, pero para que as augas poidan recuperar a clasificación de excelente deberán transcorrer 4 anos sen que se rexistren incidencias, tal como explicou o responsable de Protección Civil, Javier Souto. En cumprimento da normativa, o concello de Carballo mantén colocado en Arnados un cartel informativo sobre a recomendación de non bañarse nese punto en concreto. O letreiro deberá manterse toda a temporada aínda que as analíticas sigan indicando que a calidade das augas é excelente. Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios