xoves. 15.05.2025
El tiempo

Carballo reforza o servizo de recollida de lixo nos seus areais

Carballo reforza o servizo de recollida de lixo nos seus areais
colectores-lixo-praias-carballo Actualmente existen un total de 90 coletores distribuidos entre as praias carballesas de Razo, Pedra do Sal, As Saíñas, Arnela e Leira No que vai de verán, o concello de Carballo incrementou - a través da empresa concesionaria Urbaser-Servigal UTE - máis dun 40% o número de colectores na zona de litoral, onde pasaron dos 63 dispoñibles durante o resto do ano aos 90 que hai nestes momentos repartidos entre Razo, Pedra do Sal, As Saíñas, Arnela e Leira. En todos estes puntos existen recipientes adaptados para persoas discapacitadas. A distribución dos colectores realizouse en función da demanda, de xeito que o maior aumento se levou a cabo en Razo, con 16 a maiores, e nas Saíñas, con 7 máis. Na Pedra do Sal hai 4 contedores máis dos habituais, no acceso á praia de Leira hai 2 máis, e na Arnela, onde o resto do ano non é preciso prestar este servizo, tamén se colocaron dous, un de residuos sólidos urbanos e outro de envases. Horas de recollida A reorganización do servizo, coordinada pola concellaría de Obras e Servizos, non só inclúe a instalación de máis colectores, senón tamén o incremento dos días de recollida á semana, fundamentalmente en Razo, onde o camión de residuos sólidos urbanos pasa, a maiores, na madrugada do domingo e o mércores pola mañá. O mércores tamén se realiza unha recollida extra na zona de Baldaio. Deste xeito, a retirada de RSU realízase en Razo o domingo de 6 a 7 horas (para recoller o lixo xerado o sábado) e de novo a partires das 23 horas (para recoller o lixo do propio domingo), xa que a fin de semana concéntrase a maior afluencia. O camión pasa tamén o mércores pola mañá e na noite do xoves ao venres. A recollida de envases lévase a cabo o martes; a de cartón e vidro, o venres (segundo necesidades), e a de voluminosos, o mércores. Na zona de Baldaio os colectores verdes normais baléiranse os luns e os mércores pola mañá e o na madrugada do xoves ao venres; a recollida de envases realízase o martes e a de voluminosos, o mércores. Para o vidro establécese en función das necesidades.   Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Carballo

Comentarios