Domingo. 06.10.2024
El tiempo

Carballo regula con semáforos os bolardos da rúa Desiderio Varela

Carballo regula con semáforos os bolardos da rúa Desiderio Varela
bolardos-rua-desiderio-varela-carballo O novo sistema activarase no momento no que os conductores dos vehículos residentes na zona accionen o mando Onte quedou instalado na rúa Desiderio Varela un semáforo que regulará a partir de agora o acceso dos vehículos das persoas residentes. A concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, acompañada polo xefe en funcións da Policía Local, asistiu ás explicacións do técnico sobre o funcionamento deste novo sistema, que vén reforzar a seguridade despois de que se teñan producido varios incidentes. Deste xeito, o semáforo permanecerá en vermello ata que os/as condutores/as accionen o mando. Nese momento cambiará a ámbar e os bolardos empezarán a descender pasados dous segundos para que o vehículo poida pasar. En canto os sensores deixen de detectar a presenza do vehículo, o semáforo volverá a poñerse en vermello e transcorridos dous segundos os bolardos empezarán a elevarse de novo. Nos momentos nos que a rúa é de acceso libre, o semáforo permanecerá en ámbar intermitente. Durante a temporada estival, do 15 de xuño ao 15 de setembro, a Desiderio Varela está aberta ao tráfico de 07:00 a 11:00 horas, de luns a mércores e os venres. Os xoves, ao igual que os domingos de feira, o horario de apertura esténdese a toda a mañá, ao igual que na Colón. Os sábados, domingos de peche e festivos a rúa está pechada á circulación. Os/as únicos/as que teñen o acceso garantido durante as 24 horas e todos os días do ano son os/as residentes con prazas de garaxe, como tamén ocorre nas rúas Colón e Jacinto Amigo Lera. https://quepasanacosta.gal/carballo-estrea-bolardos-en-desiderio-varela-para-regular-o-trafico/ Fonte

Comentarios