Venres. 19.04.2024
El tiempo

Carballo renóvase en mobilidade urbana e na seguridade vial

Carballo renóvase en mobilidade urbana e na seguridade vial
Milagros Lantes e Alfredo Garrote participan en Madrid nas II xornadas sobre Mobilidade Urbana e Seguirdade Via Milagros Lantes e Alfredo Garrote participan en Madrid nas II xornadas sobre Mobilidade Urbana e Seguirdade Via Durante estes días a concelleira de Planificación e Mobilidade Urbana, Milagros Lantes, acompañada do arquitecto municipal, Alfredo Garrote, participa nas II xornadas sobre Mobilidade Urbana e Seguridade Vial que se celebran na casa do Concello de Madrid á que asisten representantes de vilas e cidades de todo o territorio nacional, incluídos varios dos integrantes da rede "Cidades que Camiñan" da que Carballo xa forma parte. Entre os ponentes, hai que subliñar a presenza de expertos de cidades que teñen mudado o seu concepto de mobilidade, como Pontevedra ou Sevilla; da Dirección Xeral de Tráfico; ou de persoas que teñen posto en marcha distintas solucións para avanzar na mellora da seguridade viaria e na sostenibilidade do transporte, mesmo a través do uso de aplicacións informáticas e co apoio das novas tecnoloxías. Así, entre os temas a tratar están a protección dos elementos considerados máis vulnerables nas rúas, como peóns, ciclistas ou motoristas; sobre a accesibilidade universal; a necesidade de marcar límites de velocidade para compatibilizar todos os medios de transporte, nomeadamete tendo en conta o límite de 30 quilómetros por hora; sobre a implementación de desprazamentos sostibles para colexios e centros de ensino, con exemplos como os camiños escolares; sistemas de prevención de colisións; sistemas integrais de transporte público urbano; ou sobre a necesidade de frear o consumo de combustibles contaminantes no transporte.   Fonte

Comentarios