Domingo. 19.05.2024
El tiempo

Os Concellos aprenden a solicitar as axudas ETI nunha nova sesión do Eixo Atlántico

PROGRAMA ETI CARBALLO copia
Os Concellos aprenden a solicitar as axudas ETI nunha nova sesión do Eixo Atlántico

As novas liñas de financiamento das Estatexias Territoriais Integradas (as actuais ETI e antigas Edusi) será o tema principal da nova xornada informativa do Eixo Atlántico que se celebrará este xoves 9 de maio no Fórum Carballo. Representantes de numerosos concellos que forman parte do organismo de cooperación transfronteiriza participarán nesta sesión para coñecer como acodir a esta oportunidade de financiamento para o despregamento de actuacións de desenvolvemento urbano sustentable establecido no obxectivo político 5 dos fondos FEDER.

O concelleiro de Innovación, Fondos Europeos, Formación, Emprego e Axenda Urbana, Iván Andrade Tasende, exercerá como anfitrión xunto con Alfredo García, vicepresidente do Eixo Atlántico, e Xoán Vázquez Mao, secretario xeral, e ademais pechará o encontro intermunicipal coa presentación do plan de acción da Axenda Urbana de Carballo, un dos poucos concellos que xa a ten aprobada.

Despois de dous anos de traballo, un proceso no que, ademais de realizar unha diagnose do punto de partida, recolléronse as achegas de técnicos dos distintos departamentos municipais, dos grupos da corporación e tamén da sociedade organizada, a través das sesións celebradas con asociacións empresariais, ambientais, culturais, deportivas, sociais, veciñais, de nais e pais de alumnos... , a corporación municipal aprobou no mes de febreiro a nosa Axenda Urbana, un documento que inclúe 55 accións “moi diversas, e con distintos niveis de prioridade”, centradas nos ámbitos social, do desenvolvemento sostible e da posta en valor do medio rural, engadiu o concelleiro.

Podedes ver aquí o programa completo.

Comentarios