Martes. 07.05.2024
El tiempo

Case medio millón de euros para mellorar as instalacións deportivas carballesas

  • Quedaron adxudicadas as obras de construción de graderío e espazos anexos no campo de fútbol do Carral.
Pavillon-carballo_calero_1
Comitiva municipal vendo os novos proxectores do Pavillón Carballo Calero
Case medio millón de euros para mellorar as instalacións deportivas carballesas

O Concello de Carballo está a realizar un investimento de máis de 460.000 euros na mellora das instalacións deportivas.
Por unha banda, dentro do contrato de obra e subministro de equipamento deportivo, ao que destinamos 163.189,21 euros, xa están en servizo, por exemplo, os novos vídeo marcadores dos pavillóns Vila de Noia e Carballo Calero, onde tamén está previsto cambiar as portas e as varandas das gradas para poder albergar os partidos do equipo sénior de Escola Lubiáns poida xogar na OK Liga Prata.
Dentro do mesmo proxecto figuran outras melloras como a plataforma de saída para competicións de natación na piscina Carballo Calero ou o elevador portátil para que as persoas con mobilidade reducida poidan acceder ao vaso, como xa pode facerse.
E dentro do mesmo proxecto figura a construción dun almacén nas Eiroas.

Campo de fútbol do Carral

Dentro das obras destinadas a mellorar os equipamentos deportivos municipais figura tamén a construción de gradas e espazos anexos no campo de fútbol do Carral, en Sofán, cun orzamento de 297.568,21 euros. As obras veñen de ser adxudicadas á empresa Obras y Viales de Galicia, e o prazo de execución é de catro meses.
A grada actual será substituída por outra de maior capacidade e con espazos anexos debaixo: sala de reunións e para o labor administrativo do club, lavandería e ximnasio.

Comentarios