A cociña achega á rapazada ao Mercado
10:22 24/05/22
Este sábado 28, de 11:00 a 12:30, a rapazada ten cita no Mercado de Carballo. O Concello recupera a campaña internacional “Quere o teu mercado”, da man da asociación WUWM (World Union of Wholesale Markets) co gallo do Día do Mercado, cada 27 de maio.
Quen pase polo Mercado recibirá material promocional, e ademais poderá deixar á cativadada nun obradoiro de cociña saudable que se desenvolverá o sábado 28, de 11.00 a 12.30 horas. Os nenos e nenas participantes elaborarán (e degustarán) un menú saudable con produtos locais do propio mercado.
A actividade vai dirixida a nenos e nenas de 6 a 10 anos, e hai un máximo de 15 prazas, que se cubrirán por orde de solicitude. As inscricións son gratuítas e poden realizarse neste formulario.