O Concello de Carballo aumenta os vales de alimentos
A inflación a un 9%, e a cesta da compra máis cara que nunca. Para intentar paliar esta situación, a Concellaría de Igualdade e Benestar volve reorganizar a distribución dos recursos dispoñibles para facer fronte ás necesidades das familias. Xa o fixo coa COVID, cando se dispararon as solicitudes cun incremento do case 70%, e agora volve subir o número de vales e a contía dos mesmos.
O pasado mes de abril incfremento entre un 20 e un 25% os vales, para intentar paliar a suba do prezo da luz, ao tempo que se convocaban, por segundo ano consecutivo, as axudas específicas de 200 euros nun pago único para familias usuarias do bono social ou que, por motivos de saúde, precisan dispoñer nos seus domicilios de aparatos con gran consumo eléctrico. A convocatoria resolverase en breve.