Xoves. 02.05.2024
El tiempo

O Concello de Carballo crea novos órganos de participación: os consellos deportivo e escolar

Consello deportivo Carballo
O Concello de Carballo crea novos órganos de participación: os consellos deportivo e escolar

O xoves 18 celebrouse no Fórum Carballo a asemblea única de eleccións para nomear ás persoas representantes do movemento asociativo no Consello Deportivo Municipal. Á reunión asistiron delegados/as de 41 entidades.

Das 16 candidaturas formalizadas foron elixidas as presentadas polas seguintes entidades:

  • Club de salvamento e socorrismo Carballo (Sysca)
  • Escola Lubiáns de hóckey a patíns
  • Club Ciclista Carballo
  • Escolas Balonmán Xiria
  • Sociedade Deportiva Sofán
  • Asociación de nais e pais de alumnos A Granxa do CEIP Bergantiños

O concelleiro de Deportes, Daniel Pérez, agradeceu e valorou de xeito moi positivo a participación das entidades así como a representación resultante do proceso pola diversidade en canto á tipoloxía de modalidades deportivas e ao tipo de equipamentos públicos utilizados para o seu desenvolvemento.
Proximamente será convocada a sesión constitutiva do Consello Deportivo Municipal, que se celebrará no mes de febreiro e na que xa se presentará por parte da
Concellaría de Deportes a proposta de varias liñas de traballo.

Consello Escolar Municipal

Esta semana tamén se reuniu a xunta electoral do Consello Escolar Municipal, integrada por representantes das familias, do profesorado e do alumnado. Participaron
tamén a concelleira de Educación, Mar Eirís, en calidade de vicepresidenta, e María Jesús Trastoy, como secretaria.
Na sesión deuse conta do nomeamento de seis representantes por parte da Federación de ANPAS, así como do concelleiro Rubén Lorenzo Gómez, como representante do grupo maioritario da oposición. Por parte dos centros de ensino formarán parte do consello as directoras do CRA Ponte da Pedra, Teresa Rodríguez, e o CEIP A Cristina, Patricia Rodríguez, e polo tecido asociativo figurará Gustavo Álvarez, da Agrupación Deportiva Fogar da Xuventude.

Non se presentou ningunha candidatura por parte do alumnado e tamén están pendentes os nomeamentos por parte da Consellería de Educación

Comentarios