Cortada completamente a AG55 polo accidente dun camión
- Última hora: Ás 20:05 horas abriuse a circulación da AG55 polo carril esquerdo, quedando o carril dereito cortado e balizado, entre os km 9,800 e 10,800, por danos na calzada.
Este mediodía arredor das 13:00h tivo un lugar un aparatoso accidente na Autopista AG55. Un camión envocarba a altura do km.10,6 en dirección Carballo, pouco antes do viaducto de Fisterra.
O operativo de seguridade obrigou a cortar a AG55 nos dous sentidos para facilitar as labores de rescate, informando a través dos paneis informativos do desvío pola AC-552. Cando menos ata as 18:00h, a autopista segue cortada.
O camioneiro atopábase atrapado no interior, xa que o vehículo estaba totalmente ladeado e o condutor non era capaz de abrir as portas. Polo que desde o 112 Galicia tamén se informou aos Bombeiros de Arteixo, que tiveron que empregar o material de excarceración para liberar ao condutor polo parabrisas dianteiro do vehículo. Afortunadamente, non houbo que lamentar danos persoais, xa que o condutor resultou ileso.