Mércores. 23.10.2019
El tiempo

As crianzas de Carballo calzan os zocos para a horta e as zapatillas para o cole

Disfrutando o Horto Infantil de Carballo
Disfrutando o Horto Infantil de Carballo
As crianzas de Carballo calzan os zocos para a horta e as zapatillas para o cole

Que ben o pasan as 47 nenas e nenos que iniciaron o curso nos obradoiros do Horto Infantil Ecolóxico Municipal. A experiencia xa está resultando moi produtiva para os grupos de infantil e primaria, que estiveron a regar e a preparar o terreo para os cultivos de tempada. Velos, calzados cos zocos ou as katiuskas tocando a lama e as verduras é unha verdadeira marabilla, nunha actividade na que viven todo o proceso, dende o máis natural ao máis emprendedor.
A Concellería de Promoción Económica informa de que na quenda de martes e venres hai tres prazas vacantes, e para o resto dos obradoiros poden presentarse solicitudes en agarda.

En zapatillas ao cole, como en Finlandia

As obras do CEIP Xesús San Luís Romero permiten que o alumnado de infantil poida calzar as zapatillas en clase. A instalación de tarima nas aulas, está permitindo que as crianzas poidan acodir a clase como o fan en países tan avanzandos en materia de educación como Finlandia.

Tarima no Cole San Luis de Carballo

Comentarios