xoves. 22.01.2026
El tiempo

O dentista musical abriu o semestre do programa cultural para crianzas Apego

O dentista musical Pablo Varela en Carballo
"O dentista musical" Pablo Varela en Carballo
O dentista musical abriu o semestre do programa cultural para crianzas Apego

Arrincou este mércores no edificio das Escolas Agra de Caldas, o programa Medrando con Apego. Esa iniciativa do Servizo de Normalización Lingüística que ofrece actividades culturais, na nosa lingua, para crianzas moi pequenas.

Foi Pablo Varela, “O dentista musical”, o que abríu este programa semestra, cun concerto interactivo sob arte, saúde e emocións, no que as crianzas de 2 a 6 anos aprenden a importancia de lavar ben os dentes, pero tamén xogan e disfrutan ca música en galego.

A seguinte actividade será o 4 de febreiro, no mesmo espazo, con Trémola Teatro, para crianzas de 6 meses a 4 anos.
Pasarán por Carballo artistas como Jara Ortiz (polo Día de Rosalía), o espectáculo Percubebés; Sonsoles Penadique e Chechu Riquelme cos seus cantos bailes.
En abril habrá protagonismo para a carballesa Escola do Alpendre, que achegará ás familias ao baile tradicional; haberá contos con Ana Prema. Para maio toca sendeirismo con Vía Inqueda e múisca con Xoán Curiel; e pecharán o programa aló por xuño dúas sesións didácticas para familias con Esther Fuentes e con Cris Collazo.

Para inscribirse podes facelo por carballo.gal ou preguntando en snl@carballo.gal ou no 981 704 100 (ext.2750).

Programa Apego Carballo 2016 2

Programa Apego Carballo 2016 1

Comentarios