Os deputados carballeses de BNG, PSOE e PP enréndase no Parlamento sobre o Polígono de Bértoa

Os deputados carballeses Patricia Iglesias (PSOE), Daniel Pérez (BNG) e Rubén Lorenzo (PP) no Parlamento

O polígono de Bértoa foi protagonista esta mañá de venres na Comisión 6ª do Parlamento (poden ver aquí aos tres deputados carballeses debatila na Mediateca do Parlamento). PSOE e BNG levaron iniciativas semellantes para instar á Xunta a axillizar a súa necesaria ampliación, e que malia os tres partidos estaban dacordo no principal, os votos foron dispares.

Como avanzaba esta semana, o PSOE pedía que o Parlamento instase ao goberno galego a que avance cos trámites, unha vez que a Xunta anunciaba este mes o comezo do proceso de expropiación, despois de moitos anos de demandas.
O PSOE lembro que "os contratos para a redacción dos proxectos para a expropiación de terreos no Polígono por parte do IGVS -que figuran na plataforma de contratos da Xunta- levan paralizados dende hai un ano e catro meses cando se trata de expedientes de contratación ordinarios”.

O BNG quería tamén exixe á Xunta “compromisos concretos”, como “un cronograma realista á xerencia da comunidade de propietarios do polígono, denunciando que “o goberno galego leva 16 anos de promesas incumpridas e anuncios electorais sen solucións reais”.

As iniciativas non saíron adiante cos votos en contra do PP. O deputado carballés do Grupo Popular, Rubén Lorenzo, acusou aos dous partidos de “oportunismo e demagoxia” e botou en cara ao deputado e deputado e edil carballés do BNG, Daniel Pérez, os retrasos a nivel municipal noutros proxectos.
A pesar de votar en contra, Lorenzo asegurou que ”pide á Xunta axilizar a tramitación da ampliación do polígono empresarial de Carballo”, e tamén lembrou que a expropiación arrincará de xeito “inminente” así como “a aprobación definitiva a inicios do segundo semestre deste ano do Plan estruturante de ordenación de solo empresarial”.

A socialista Patricia Iglesias respondeu criticando a “hipocrisía” do portavoz do PP no Concello, “que hoxe defendeu como deputado no Parlamento o voto en contra do seu partido”. Sinalou a diferenza no seu sentido do voto entre o Concello e o Parlamento, como fixo coa ampliación da AG-55, que no Concello apoiou e no Parlamento rexeitou, ou cando votou en Santiago contra a ampliación do persoal docente para necesidades especiais e un novo orientador no colexio de Bergantiños e no Concello abstíñase.

Pérez criticou que Lorenzo argumentase o voto negativo do PP con "temas locais", e lamentou que "o solo non se vai poder ofertar ata 2028, como mínimo". 

Novas sobre Bértoa

Máis novas

Rueda Circun