sábado. 22.03.2025
El tiempo

Comeza o proceso de expropiación para a demandada ampliación do Polígono de Bértoa

Reunion coa conselleira sobre a ampliacion do poligono de Bertoa
Comeza o proceso de expropiación para a demandada ampliación do Polígono de Bértoa

Dende hai máis de 5 anos leva pedindo o Concello e o tecido económico de Carballo a máis que necesaria ampliación do Parque empresarial de Bértoa.

Esta mañá de luns 10 de marzo, a  delegada da Xunta, Belén do Campo, e a directora xeral de Estratexia Industrial e Solo Empresarial, Margarita Ardao, e o xerente de Xestur, Diego Jorreto, mantiveron, esta tarde, unha reunión cos representantes da Asociación de Empresarios e Propietarios do polígono de Bértoa e o alcalde de Carballo,
Evencio Ferrero, para dar conta do inicio dos trámites para levar a cabo a expropiación dos terreos para ampliar este parque.

Para esta actuación, incluída no Plan sectorial de ordenación de áreas empresariais de Galicia (PSOAEG), a Xunta destinará un investimento de 18,7 millóns de euros, que permitrá incrementar o solo dispoñible nunha superficie total de 629.588 metros cadrados. 

Cando se complete esta ampliación o Parque Empresarial de A Bertoa acadará un total de 1.865.915 m 2 dos que 1.011.703 m 2 están adicados a solo industrial.

Ao mesmo tempo tamén se iniciou a tramitación do proxecto de desenvolvemento, urbanización e parcelamento o que permitirá aprobar a adxudicación dos contratos de redacción dos proxectos nas vindeiras semanas.

Anunciaron ademais que o Plan Estruturante de Ordenación do Solo Empresarial desta II fase de ampliación aprobarase nos vindeiros meses, unha figura que incluída na Lei de áreas empresariais de Galicia, que entrou en
vigor o pasado mes de novembro e que pretende "axilizar, simplificar e flexibilizar" a planificación e creación do solo industrial na Comunidade.

Novas relacionadas

Comentarios