Luns. 22.04.2019
El tiempo

Detido en Carballo tras intentar roubar nun estanco de Carballo

Intento de roubo no Estanco Fomento de Carballo
Intento de roubo no Estanco Fomento de Carballo
Detido en Carballo tras intentar roubar nun estanco de Carballo
Detido en Carballo tras intentar roubar nun estanco de Carballo

Entrou no estanco da Rúa Fomento de Carballo, ameazando aos empregados cun arma branca de seis centímetros de folla e o rostro oculto en parte cunha bufanda tubular. Intentou subtraer o efectivo da caixa rexistradora, pero non puido e saíndo correndo do lugar.

A rápida actuación de dúas patrullas de seguridade cidadá do Posto Principal de Carballo así como da Área de Investigación, que se atopaban nese momento de servizo, permitiu que detivesen ao home momentos despois, cando se agochaba nun caixeiro automático onde supostamente intantaba consultar o saldo da súa conta…

A Garda Civil detiña ao autor por un suposto delito por roubo con violencia e intimidación en grado de tentativa. Tras pasar a disposición xudicial atópase en liberdade con cargos.

Novas relacionadas

Comentarios