Dúas persoas feridas tras un novo accidente na AC-552 en Bértoa
10:09 06/02/21
Este pasado mediodía de venres, pasadas as 14:15, tiña lugar un accidente de tráfico no punto quilométrico 29,2 da AC-552, a altura de Bértoa (Carballo.
Colisionaban un turismo e unha furgoneta, quedando dúas persoas feridas. A condutora da furgoneta quedara dentro pero sen estar atrapada. Coa axuda dos Bombeiros, o 061 conseguíu evacuala para trasladala ao centro hospitalario de referencia.