Escasa presencia da Costa da Morte no Parlamento Galego

Daniel Pérez, do BNG de Carballo, entra no Parlamento Galego

Volve ao tripartito o Parlamento Galego tralos Resultados das Eleccións Autonómicas 2020. PP, PSOE e BNG repartiranse os 75 escanos do Parlamento. Un Parlamento bastante esquivo, historicamente, á Costa da Morte, en canto aos seus parlamentarios.

Nesta lexislatura apenas teremos 3 representantes da nosa comarca.

O BNG conseguíu meter dous costeiros entre os 7 deputados que conseguiu pola provincia da Coruña. Son o avogado Daniel Pérez, do BNG de Carballo (esta lexislatura sen concellaría, e que partía como nº6) e Mercedes Queixas Zas, mestra durante moitos anos en Coristanco e de familia larachesa, que era a nº3 da lista encabezada por Pontón e Rivas.
Quedaron fóra os ceenses Rafa Vilar e Serxio Rodríguez e o fisterrán Kuka Sar.

O PP só queda coa pontecesá Ethel Vázquez (a Conselleira ía de nº5 da provincia), quedando fóra o carballés Rubén Lorenzo, a camariñá Paula Mouzo, e a muxiá Sandra Vilela.

Por parte do PSOE, a referencia da Costa da Morte seguirá sendo, dende a marcha da laxense Loli Toja, Begoña Rodríguez Rumbo, de Cerceda. A camariñá Encarna Liñeiro, o corcubionés José Louro Pais e a muradá Caridad González quedaron moi lonxe.

 

Novas relacionadas

Análises electorais

As promesas do 2020