Xoves. 06.08.2020
El tiempo

As promesas do #12X (I): Xustiza democrática

15 organizacions políticas piden xustiza democrática de cara ao #12X
15 organizacions políticas piden xustiza democrática de cara ao #12X
As promesas do #12X (I): Xustiza democrática

Quedan apenas uns días para as Eleccións Autonómicas deste domingo 12 de xullo de 2020. Unhas eleccións atípicas, nas que se albiscaba unha campaña máis dixital ca nunca, pero na que volvemos ver as visitas de turno dos nosos políticos, os cartaces empapelando as nosas vilas e estradas, ou as cartas por correo ordinario co sobre e a papeleta; porén apenas vimos banners ou campañas polas redes sociais.

Non quixemos ir recollendo día a día as falsas promesas que deixan os representantes das diversas forzas políticas en campaña, pero si que queremos que queden na hemeroteca para poder pedirlles contas no futuro. Por iso facemos este repaso a campaña electoral na Costa da Morte.

Ao longo da semana iremos percorrendo as promesas dos 4 grupos principais do espectro político galego (PP, PSOE, BNG e Galicia en Común - Anova Mareas), pero antes comezamos por unha denuncia de 15 esquecidos partidos.

Falamos do PACMA, Recortes Cero, Espazo Común, Os Verdes, Veciños Municipalistas, Por Un Mundo Máis Xusto, Escanos en Branco, Coalición de Centro Democrático - Autónomos, UpyD, a coalición Unidos polo Futuro e Contigo Somos Democracia. Veñen de facer fronte común coa intención de obter un trato xusto nos medios de comunicación. Presentáronse ante a Valedora do Pobo e mesmo presentaron un recurso ante a Xunta Electoral polo dereito dos votantes á información, asinando o manifesto ‘A cidadanía ten dereito a coñecer’.

Marea Galeguista en Carballo

Pancho Casal da Marea Galeguista en Carballo

Ademais, tamén deixamos constancia da visita que realizou o partido Marea Galeguista (a herdanza da fallida En Marea) a Carballo a finais de xuño. Unha visita comandanda por Pancho Casal para "escoitar e coñecer de primeira man as inquedanzas das persoa", pero sen facer promesas.

Artigos relacionados

Novas relacionadas

comentarios