Luns. 03.08.2020
El tiempo

As promesas do #12X (V): Galicia en Común - Anova Mareas apenas escoita a comarca

Martiño Noriega e Anton Sánchez en Cee cos traballadores de Ferroatlántica
Martiño Noriega e Anton Sánchez en Cee cos traballadores de Ferroatlántica
As promesas do #12X (V): Galicia en Común - Anova Mareas apenas escoita a comarca
Quedan apenas uns días para as Eleccións Autonómicas deste domingo 12 de xullo de 2020. E queremos que queden moitas das promesas feitas na campaña na hemeroteca para poder pedirlles contas no futuro.

Apenas contabilizamos unha visita á comarca da candidatura de Galicia en Común - Anova - Mareas (@_gecam). Un grupo no que non aparece ningunha persoa da comarca na lista da circunscrición electoral da Coruña.

No marco da campaña #Galizaontheroad, só se achegaron un día pola Costa da Morte. Estiveron Martiño Noriega, Inés Cebreiro e o propio Antón Sánchez en Fisterra, Corcubión, Cee e Carballo denunciando o “desamparo” de Feijoo a tantas zonas comoo a nosa.

Prometer non prometeron nada, pero aseguran ter practicado a “escoita activa”, tratando temas tan importantes como o futuro da pesca artesanal, a situación das fábricas de Ferroatlántica, ou a restauración ambiental do Monte Neme.

Este foi o resumo de Martiño Noriega daquela xornada a comezos de campaña:

 

As promesas 2020

Outras novas da campaña

Artigos relacionados

comentarios