Xoves. 06.08.2020
El tiempo

Resultados das #ElecciónsGalegas2020: O PP gaña en 18 dos 19 concellos da Costa da Morte

  • O PP venceu en todos os Concellos da Costa da Morte agás en Corcubión (gaña o BNG). Suma un 54% dos votos.
  • O BNG é segunda forza na Costa da Morte co 25%
  • O PSOE baixa á tarceira fora co 17%
  • Galicia en Común- Anova Mareas queda, por pouco, por diante de VOX como cuarta forza, pero ambas non conseguen participación parlamentaria. O Parlamento Galego só terá 3 partidos: PP, BNG e PSOE

 

Fonte: QPC
Fonte: QPC
Resultados das #ElecciónsGalegas2020: O PP gaña en 18 dos 19 concellos da Costa da Morte

 

Este 12 de xullo de 2020 2.7 millóns de [email protected] escolleron a nova composición do Parlamento Galego nunhas novas Eleccións Autonómicas. Unhas Eleccións singulares, diferentes, no marco dunha pandemia, con brotes activos no norte do país, co medo ao contaxio sempre presente, aderezado ademais por un  fermoso día de verán. A participación foi do 59%, 5 puntos máis que no 2016.

En todo caso, a decisión dos [email protected] é clara: Feijoo seguirá sendo presidente. O PP arrasou en Galicia como na Costa da Morte, con 42 escanos (un máis que na pasada lexislatura), polos 19 do BNG e os 14 do PSOE. Os tres formarán o Parlamento Galego, pois quedan fóra Galicia en Común - Anova Mareas, como Vox ou Ciudadanos.

A gran subida do BNG (suma 13 escanos máis que en 2016) compensa a baixada das Mareas e Podemos, que sofren a desfeita realizada nesta lexistatura. O PSOE paga a súa falta de carisma e queda cos 14 escanos de 2016.

Na Costa da Morte, o PP gaña en 18 dos 19 concellos da comarca. Só en Corcubión venceu o BNG, e chama a atención que nin sequera en Dumbría o PSOE conseguíu superar ao PP.

Unha das mesas electorais de Cee
Moitas medidas de seguridade nas mesas electorais como nesta de Cee. Foto: Rafa Quintáns

Os resultados concello a concello

Resultados en Cabana

 

Resultados en Camariñas

 

Resultados en Carballo

 

Resultados en Carnota

 

Resultados en Cee

 

Resultados en Corcubión

 

Resultados en Coristanco

 

Resultados en Dumbría

 

Resultados en Fisterra

 

Resultados na Laracha

 

Resultados en Laxe

 

Resultados en Malpica

 

Resultados en Mazaricos

 

Resultados en Muros

 

Resultados en Muxía

 

Resultados en Ponteceso

 

Resultados en Santa Comba

 

Resultados en Vimianzo

 

Resultados en Zas

 

As promesas do 2020

Outras accións da campaña

Artigos relacionados

Resultados de anteriores eleccións

comentarios