Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Espazo Xove de Carballo celebra a volta ao cole con novos obradoiros para a mocidade

Manga no espazo xove de carballo
O Espazo Xove de Carballo celebra a volta ao cole con novos obradoiros para a mocidade

O Espazo Xove de Carballo, dependente da Consellería de Política Social, vén de anunciar un novo obradoiro que se desenvolverá no mes de setembro. A mocidade de entre 12 e 30 anos poderá iniciarse na creación de manga os martes e xoves dende o 20 de setembroao ata o 11 de outubro (7 xornadas) en horario de 18:00 a 19:30. O obradoiro será dirixido pola ilustradora profesional de Carballo, Cris Aborja (@crisalborjaart). A participación é totalmente gratuíta e os formadores aportarán todos os materiais necesarios.

Para garantir a atención e a calidade das actividades, as prazas son limitades vía inscrición por email [email protected] ou no teléfono 881 880 421 en horario de mañá.

Máis obradoiros

Ademais, mes de outubro e novembro, organizarán outros obradoiros de iniciación á creación de APPs para dispositivos móbiles e impresión 3D. Tamén totalmente gratuítos.

Sala de Xogos

O centro lembra que conta cunha nova e flamante sala de xogos equipada coa nova XBOX SERIES X, unha pantalla xigante, dous mandos e xogos como o Fifa 2022. O espazo conta con crédito para mercar outros xogos para dito dispositivo se existe demanda por parte da mocidade. Igualmente, instaláronse entre outros, una mesa de ping pong, un futbolín, unha diana e os tradicionais xogos de mesa: Monopoly, Jenga, Tabú, Xadrez e outros clásicos. Por suposto, o seu uso é gratuíto no horario de apertura deste Espazo Xove.

Comentarios