Luns. 29.04.2024
El tiempo

O Espazo Xove de Carballo ofrece un atractivo plan de outono para a mocidade

Espazo Xove Carballo 1
O Espazo Xove de Carballo ofrece un atractivo plan de outono para a mocidade

O Espazo Xove de Carballo, dependente da Consellería de Política Social e Xuventude, informa das actividades que acollerá o centro ata finais de ano. Actividades gratuitas e que o único requisito é a idade (preferentemente de 12 a 30 anos).

En outubro tocan as seguintes:

  • Obradoiro de Podcast: Todos os luns de 18:30h a 20:00h.
  • Torneo de X-Box: O día 6 ás 19:00h con premio para o/a xogador/a que gañe.
  • Tardes de xogos de mesa: Os días 11 e 13 dende as 16:00h ata peche.
  • Obradoiros de Samaín: Os días 25, 26 e 27 a partir das 18:00h.
  • Escape Room do Terror: O día 31 ás 19:00h con premio para o equipo gañador.

En novembro:

  • Obradoiro de Manga: Todos os mércores ás 19:00h.
  • Obradoiro de Lingua de signos: Todos os venres ás 17:00h.
  • Charla con Quérote+ "Cultivando a autoestima": O día 30 ás 16:30h.

E para decembro:

  • Obradoiros de Nadal: Ata o día 15 celebraranse diferentes obradoiros de adornos de nadal a partir das 18:00h.

Espazo Xove Carballo

Algunhas actividades requiren de inscrición previa e teñen prazas limitadas. Para anotarte envía un correo-e a esta mesma dirección, chámanos ao tel. 881 880 420/21 ou mándanos unha mensaxe privada as nosas redes sociais de Instagram e Facebook @espazoxovecarballo.

Comentarios