Luns. 13.05.2024
El tiempo

Espiral Maior estrea a exposición "Diversidades" de Santiago Picos

DIVERSIDADES-Exposicion Santiago Picos Espiral Maior
Espiral Maior estrea a exposición "Diversidades" de Santiago Picos

O mércores, día 9 de marzo, ás 19:30 h., terá lugar na Galería de Arte de Espiral Maior Foro (Rúa do Sol, 34) a inauguración da exposición “Diversidades (20 debuxos e obra gráfica)”, do pintor e debuxante carballés Santiago Picos.

Acompañarán ao autor na presentación da súa obra o sociólogo Santiago Pazos e o escritor Miguel Anxo Fernán Vello.

Santiago Picos (Bértoa, Carballo, 1985), pintor, deseñador, ilustrador e debuxante, formouse na Escola de Arte Pablo Picasso da Coruña e posteriormente foi alumno, entre outros grandes mestres, de Manuel Facal, Alfonso Costa e Omar Kessel. Na súa traxectoria como artista plástico ten realizado varias exposicións individuais en Carballo e ten participado en numerosas mostras de arte colectivas en Bergantiños e na Coruña.

Comentarios